Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente número: 2/2003.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de pavimentación dos núcleos de poboación de Saiáns e outros.

3. Forma de adxudicación: poxa, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 72.400 euros.

5. Garantía provisional: 1.448 euros. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario das 9 ás 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase de acordo co seguinte modelo:

«Don/a..., con DNI nº..., expedido en..., con data..., en nome propio (ou en representación de..., como acredita por...), informado/a da convocatoria de subasta polo procedecemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia nº..., do ..., toma parte nel comprometéndose a realiza-la obra de pavimentación dos núcleos de poboación de Saiáns e outros, no prezo de... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, de acordo co proxecto técnico e co prego de cláusulas administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 14 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Moraña, 20 de marzo de 2003.

José A. Eiras Paz

Alcalde