Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 3 de marzo de 2003, aprobou definitivamente a modificación da delimitación do polígono 2 do solo urbanizable programado número 3 (SUP-3) da Pontepedriña, promovida pola xunta de compensación do polígono.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno no concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde