Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.393

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración sucesiva de suturas mecánicas e instrumentos de endocirurxía (C.P. 6/2003).

O xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade na orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo e dependencia que tramita o expediente: Complexo Hospitalario de Ourense; Servicio de Compras; rúa Ramón Puga, 52-E, 32005 Ourense. Tfno. 988 38 57 02. Fax 988 38 58 49.

b) Número de expediente: C.P. 6/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de suturas mecánicas e instrumentos de endocirurxía.

b) Número de unidades que hai que entregar: as indicadas no punto 8 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lotes: 19. Posibilidade de licitar a un, a varios ou á totalidade dos lotes.

d) Lugar de entrega: Complexo Hospitalario de Ourense.

e) Prazo de entrega: ver punto 7.2 da cara do prego.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 991.227,98 A, IVE incluído.

5. Garantías exisidas.

-Provisional: 2% do orzamento de licitación do/s lote/s ós que se concorra.

-Definitiva: 4% do orzamento de licitación do/s lote/s adxudicado/s.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade e domicilio: ver punto 1 deste anuncio.

b) Data límite de obtención de documentos: dentro do prazo establecido no punto 8.a) deste anuncio, en días hábiles de 9 a 14 horas, agás sábados.

7. Solvencia económica, financeira e técnica: ver puntos 16 e 17 da cara do prego.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 19 de maio de 2003, ata as 14 horas. Cando o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación rematará o seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: ver punto 21 da cara do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52. Edificio de administración-planta baixa, 32005 Ourense.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura das ofertas.

a) Data, hora e lugar de apertura: 30 de maio de 2003; 9 horas. Sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario de Ourense.

10. Outras informacións.

a) Criterios de adxudicación: 1) Calidade, ata 50 puntos. 2) Prezo, ata 40 puntos. 3) Prazo de entrega, ata 5 puntos. 4) Código EAN 128, ata 5 puntos.

b) Lingua na que debe figura-la documentación que hai que presentar: castelán ou galego.

c) Prazo de execución: dous anos.

d) Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

e) Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: (reservado á OPOCE).

11. Gastos de anuncios: o pagamento dos anuncios do concurso será a cargo do/s adxudicatario/s.

12. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 28 de marzo de 2003.

13. Páxina web onde se poden consulta-los pregos: http://www.sergas.es

Ourense, 21 de marzo de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense