A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG nº 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, convoca o seguinte concurso público:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Complexo Hospitalario de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais-Unidade de Contratación.
c) Número do expediente: C.P. 5/2003.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza do Complexo Hospitalario de Ourense (Hospital Santa María Nai e Hospital de Día).
b) División por lotes: non.
c) Lugar de execución: ver punto 2 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Prazo de execución: 18 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación: importe total 1.470.000 A, IVE incluído.
5. Garantía provisional: 29.400 A.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Complexo Hospitalario de Ourense. Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais-Unidade de Contratación.
b) Domicilio: rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta baixa).
c) Localidade e código postal: Ourense, 32005.
d) Teléfono: 988 38 56 91.
e) Fax: 988 38 54 04.
f) Data límite de obtención de documentos e información: 15 de maio de 2003, días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: (para empresas españolas) grupo U ou III; subgrupo 1 ou 6; categoría D. (Disposición transitoria única do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, RXCAP).
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: (para empresas non españolas) acreditación libre atendendo ós criterios contidos nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
c) Forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 22 de maio de 2003 (14 h).
b) Documentación que hai que presentar: ver pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
c) Lugar de presentación: Complexo Hospitalario de Ourense. Rexistro Xeral, rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta baixa), 32005 Ourense.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a data da apertura das proposicións.
e) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense.
b) Domicilio: rúa Ramón Puga, 52 (edificio administrativo, planta 1ª).
c) Localidade: Ourense.
d) Data: 2 de xuño de 2003.
e) Hora: 9 h.
f) Acto público.
10. Outras informacións.
a) Criterios de adxudicación: ve-lo punto 16 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Lingua (s): castelán ou galego.
11. Gastos dos anuncios: o pagamento dos anuncios será a cargo do adxudicatario do contrato.
12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 31 de marzo de 2003.
13. Para consultar pregos: http://www.sergas.es
Ourense, 21 de marzo de 2003.
Alfonso Clemente González
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
de Ourense