Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.394

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello o prego de condicións económico-administrativas que rexerán o procedemento para a contratación da subministración referenciada, anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario de presentarse reclamacións.

Así mesmo, sométese o proxecto técnico das obras de instalación dos anteriores a exposición pública para a presentación de alegacións polos posibles interesados.

Anuncio de licitación:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución das subministracións consistentes na subministración e instalación de iluminación pública na rúa Montero Ríos. Lugar de entrega: Concello de Bueu, Pontevedra. Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 88.645,29 euros.

5. Garantías: provisional, non esixible; definitiva, 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información: Concello de Bueu, rúa Eduardo Vincenti, 10, 36930; teléfono: 986 39 00 29; telefax: 986 32 20 99. Ata o último día de prazo para a presentación de ofertas, este incluído.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen requisitos específicos distintos dos xerais sinalados nos pregos.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: ós 10 días naturais desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no último dos diarios no que deba selo (BOP ou DOG), en horario de oficina no rexistro xeral do concello, ou da forma sinalada na cláusula 9 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B, denominados documentación xeral e documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 9 dos pregos.

9. Apertura de ofertas: na Casa do Concello, ás 13 horas do sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo para presentar proposicións (se o día fose sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Bueu, 8 de abril de 2003.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde-presidente