Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 1 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de incendios relacionados no anexo e de referencia OU 065/03 IN e dous máis devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 1 de abril de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expediente nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Precepto infrinxido e sancionador

Sanción

OU 065/03 INJosé Luis Fernández Bastos

DNI: 36061278

Beade-Saa, nº 76

36312 Vigo

Abandono de vehículo

PO-2845-AD

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

Expediente nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Precepto infrinxido e sancionador

Sanción

OU 085/03 INMª Milagros Hernández Hernández

DNI: 71142886

Barrio de la Esperanza, nº 104

47007 Valladolid

Abandono de vehículo

BI-1666-AW

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A

OU 092/03 INManuel Martínez Pérez

DNI: 34992439

Rozas

32310 Rubiá

Abandono de vehículo

OR-8096-K

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e I. Forestais300,51 A