Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución de imposición de sanción relativa ó expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-180/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OU-E-180/2002.

Denunciado: Manuel Outomuro Casas.

DNI: 34926497-P.

Enderezo: r/ Remedios, 9 baixo, Ourense.

Establecemento: Discoteca C.P., r/ Remedios, 9 baixo, Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26 e), da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, sobre protección da seguridade cidadá.

Importe da sanción: 300 euros.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Caixanova Recadación Xunta, modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001 de Caixa Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta delegación provincial, sita en avda. da Habana, 79-2ª esquerda, en Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, no prazo dun mes contado

a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 26 de marzo de 2003.

Cristina Fernández Rodríguez

Delegada provincial de Ourense