Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de xogo C-37/2002 e seis máis.

Intentadas as notificacións directas ás empresas operadoras e ós titulares dos establecementos, en relación cos expedientes sancionadores en materia de xogo, que se relacionan na folla anexa, e ó non poder efectuarse, esta Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, resolve ó abeiro do previsto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, proceder á notificación da dita resolución mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra as presentes resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De non ter presentado recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme en vía administrativa, debendo aboa-lo importe da multa por transferencia bancaria, no período voluntario sinalado no boletín de multas e sancións á súa disposición nas dependencias das delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a favor do Tesouro da Facenda, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, facendo consta-lo número de expediente sancionador. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido, procederase á súa execución por vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 5 de decembro).

Queda sen efecto a Resolución do 10 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de xogo C-59/2001 e seis máis.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2003.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil

ANEXO

ExpedienteEmpresa operadora/titularEnderezoCIF/NIFData da resoluciónTipificaciónImporte (A)EstablecementoC/C na que

se ingrese

Precepto

infrinxido

C-37/2002Expendedora Bibey, S.L.R/ Sinforiano López, nº 2-4 baixo (A Coruña)B-4890999829-10-2002Moi grave6.010,13Canosa, Ronda do Outeiro, 160 (A Coruña)390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Artigo 28.g) da Lei 14/1985

P-3/2002Eladio Martínez RodríguezR/ San Mateo nº 40, Ponteareas (Pontevedra)355619473-6-2002Grave601,02Asador Flor del Pino, r/ San Mateo nº 40, Ponteareas (Pontevedra)390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Artigo 29.i) da Lei 14/1985

C-3/2002Susana Buján FernándezR/ Cruce, 6-baixo (A Coruña)32763757-G26-6-2002Grave601,02Bodegón O Cruce, r/ Cruce, 6-baixo (A Coruña)390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Artigo 29.i) da Lei 14/1985

P-7/2002Recreativos Yupi, S.L.R/ Gran Vía, 162-baixo, Vigo (Pontevedra)B-3681531511-9-2002Grave601,02Cafetería Reca 10, r/ García Barbón, 52, Vigo (Pontevedra)390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Artigo 29.i) da Lei 14/1985

C-18/2002José Regueiro LópezLugar de Castenda-Pobanza, Tordoia (A Coruña)76346829-P16-9-2002Moi grave6.010,13Club Pon Pon 2, lugar de Castenda-Pobanza, Tordoia (A Coruña)390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Artigo 28.g) da Lei 14/1985

C-29/2002Antonio López LópezPza. de Azcárraga, 12 (A Coruña)34234050-E27-9-2002Grave601,02Cafetería Azcárraga, pza. de Azcárraga, 12 (A Coruña)390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Artigo 29.i) da Lei 14/1985

OR-3/2002Fernando Blanco MoureEstrada da Granxa, 89 (Ourense)34973803-P26-6-2002Grave601,02Bar Rincón do Amigo, estrada da Granxa, 89 (Ourense)390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Artigo 29.i) da Lei 14/1985