Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 2 de abril de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, de notificación da resolución do recurso de alzada, dictada polo conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, interposto por Manuel Barreiro Barreiro contra resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, pola que se lle denegou autorización para legalización de obras consistentes nun peche de predio, no lugar de Pedornes-Oia, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a resolución do recurso de alzada, dictada polo conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, interposto por Manuel Barreiro Barreiro contra resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, pola que se denegou autorización para legalización de obras consistentes nun peche de predio, no lugar de Pedornes, termo municipal de Oia, executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Vigo, 2 de abril de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: 00/125.

Solicitante: Manuel Barreiro Barreiro.

Último enderezo coñecido: As Coutadas, nº 25, Beade 36312, Vigo.

Obra solicitada: legalización dun peche de predio.

Lugar: Pedornes.

Concello: Oia.

Resolución: esta consellería resolve admiti-lo recurso de alzada interposto con data do 13-7-2000 por Manuel Barreiro Barreiro contra a resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra do día 29-6-2000 e desestimalo, confirmando a resolución recorrida.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL