Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.332

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 1 de abril de 2003 pola que se recoñece de interese galego a Fundación Lonxanet para la Pesca Sostenible e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Lonxanet para la Pesca Sostenible, con domicilio na Coruña, rúa San Andrés, nº 143-baixo.

Supostos de feito:

1. Que a fundación formulou solicitude de clasificación e de declaración de interese galego o 13 de xaneiro de 2003.

2. A Fundación Lonxanet para la Pesca Sostenible foi constituída en escritura pública, outorgada na Coruña, o día 20 de setembro de 2002, ante o notario José Manuel Lois Puente, co número dous mil setecentos trinta e sete do seu protocolo, por Domingo Antonio García Allut e Francisco Javier Sanz Fernández nas súas condicións de presidente e secretario respectivamente, do consello de administración da entidade mercantil Lonxanet Directo, S.L.

3. Son fins da fundación segundo dispón o artigo 4 dos estatutos: a promoción da pesca sustentable, a divulgación dos valores da pesca artesanal e ecolóxica, a preservación do medio ambiente mariño, o desenvolvemento dun turismo específico e, todo iso, en colaboración coas confrarías de pescadores ou institucións que as substitúan.

4. O padroado da fundación estará integrado por Domingo Antonio García Allut como presidente; Miguel de José Belzunce, vicepresidente; Francisco Javier Sanz Fernández, secretario; y como vocais, José Manuel Cernadas Losada, Emilio Louro Lamela e Tomas Fajardo da Costa.

5. A comisión integrada polas secretarías xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, proposta de clasificación como benéfico-social da Fundación Lonxanet para la Pesca Sostenible dado o seu obxecto e finalidade polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime de fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procedeuse á súa clasificación como benéfico-social e a súa adscrición á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Lonxanet para la Pesca Sostenible, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, asumindo as funcións que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débese destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non forman parte da dotación dela.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dá nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo por unha parte as obrigas de formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico e, por outra, a de efectuar un inventario-balance pechado na data de finalización do exercicio, unha memoria das actividades realizadas durante o ano e de xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data de peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, Sección de Fundacións da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, segundo se desprende dos artigos 5, 6, 7, 8, 11.1º e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos 2, 3, 4, 5 e 33 do Derecto 248/1992.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Lonxanet para a Pesca Sostenible.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección de Fundacións da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a formación do seu órgano de Goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa xeral de aplicación, en especial á obriga de da-la publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a rende-las contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual o cumprimento das cargas fundacionais, así como a pre

senta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL