Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e tramitación ordinaria, da contratación do proxecto e obra de construcción de 18 VPP, garaxes e rochos en Agolada. Pontevedra. (Expediente PO-2002/702).

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proxecto e obra de construcción de 18 VPP, garaxes e rochos en Agolada. Pontevedra.

b) Prazo de execución: 18 meses.

2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

3. Orzamento base de licitación.

Importe total: un millón douscentos trece mil douscentos sete euros con trece céntimos (1.213.207,13 A), IVE incluído.

4. Garantías.

a) Provisional: exenta.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C; subgrupo: todos; categoría: d.

6. Obtención de documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións en:

-Copistería Copy Estudio.

-Enderezo: Rúa Nova, 19-20 (Galerías). Santiago de Compostela.

-Teléfono: 981 59 33 85.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:

* http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2408

7. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir este día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das

propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (número 981 54 16 00) no mesmo día.

8. Posibilidade de variantes.

Admítense.

9. Apertura das ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

10. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo