Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2003 pola que se resolve o concurso aberto para a selección dunha oferta para o outorgamento dunha concesión administrativa para ocupación de local de dominio público portuario con destino a explotación de estación marítima no porto da Pasaxe (A Guarda).

Por resolución do presidente de Portos de Galicia do 28 de xaneiro de 2003, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 24, do 4 de febreiro, convocouse concurso aberto para a selección dunha oferta para o outorgamento dunha concesión administrativa para ocupación de local de dominio público portuario con destino a explotación de estación marítima no porto da Pasaxe (A Guarda).

Vista a proposta realizada pola mesa de contratación, o presidente de Portos de Galicia resolve declarar deserto o concurso por non presentarse ningunha oferta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ó da notificación desta resolución.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1994, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2003.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia