Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento de pagamento ós debedores que se relacionan (Juan A. Martínez Lagares e outro máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1504, 1501 e 1091 do Código civil, notifícaselles ós interesados, cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que, con data do 12 de febreiro de 2003, ascenden á cantidade que se sinala, facéndoselles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia, e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 25 de novembro, e no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día nas súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial en trámite de audiencia, co fin de presenta-los documentos e as xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario, procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Lugo, 25 de marzo de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Interesado: Juan A. Martínez Lagares.

Expediente: LU-80/050.

Conta: nº 116.

Enderezo: rúa O Pedregal, 9-2º I, 27850 Covas-Viveiro.

Importe da débeda: 13.317,84 euros.

Interesado: Andrés Taboada Gómez.

Expediente: LU-80/050.

Conta: nº 128.

Enderezo: rúa O Pedregal, 11-2º I, 27850 Covas-Viveiro.

Importe da débeda: 13.267,40 euros.