Con data 28 de febreiro de 2003, o secretario xeral da Consellería de Sanidade dictou resolución do expediente sancionador número 262/2002 PRO incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Pub Bugatti.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Pub Bugatti o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento da mesma.
Así mesmo fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contados desde o seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle-lo seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña 25 de marzo de 2003.
Mª Blanca García Varela
Delegada provincial da Coruña
ANEXO
Nº expediente 262/02 PRO.
Denunciado: Pub Bugatti.
DNI/NIF: G15575954.
Último enderezo coñecido: Cancela (esquina Juan Canalejo). A Coruña.
Feito imputado: máquina expendedora de tabacos con acceso directo a rúa. Situada fóra do establecemento.
Precepto/s infrinxido/s: artigo 13.B.1 da Lei 14/1986, xeral de sanidade e artigos 13.4º; 37.3º.A da Lei 2/1996 de Galicia sobre droga.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 3.005,07 euros. Tres mil cinco euros con sete céntimos.