Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003 pola que se lle dá publicidade ó acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002 polo que se outorga unha concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter comercial.

Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, en sesión do día 5 de decembro de 2002, relativo á concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter comercial, resulta necesario dar publicidade ó mencionado acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 281/1997, do 9 de outubro, polo que se aproba o procedemento de contratación da xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora de carácter comercial; no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia

RESOLVO:

Facer público o acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado en reunión do 5 de decembro de 2002, polo que se outorga a concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor de Recoletos Compañía Editorial, S.A., para a localidade de Cangas do Morrazo; coas características técnicas que figuran no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Ignacio José Otero López

Director xeral de Comunicación Social e

Audiovisual

ANEXO

Que o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil dous, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Outorga-la concesión definitiva do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia a favor da empresa Recoletos Compañía Editorial, S.A., para a localidade de Cangas do Morrazo (Pontevedra).

As características técnicas que se asignan a esta emisora son as seguintes:

Frecuencia (Mhz): 105.4.

Localidade: Cangas do Morrazo.

Provincia: Pontevedra.

Coordenadas xeográficas (lonxitude/latitude): 008º W 42'11'' - 42º N 19' 01''.

Cota (m): 620.

Denominación da emisión: 256KF8EHF.

Potencia radiada aparente máxima: 1.2 KW.

Potencia máxima do equipo transmisor: 300 W.

Potencia de saída autorizada do transmisor: 262 W.

Sistema radiante (tipo/elementos): omnidireccional/4.

Ganancia máxima da antena (dB): 7.7.

Directividade: no directiva.

Sectores de radiación:

Altura sobre o chan, do centro eléctrico da antena (m): 24.

Altura do mastro sobre o chan (m): 24.

Altura efectiva máxima (m): 636.

Polarización da emisión: polarización vertical lineal.

Observacións: -