Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.295

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, sobre as constitucións e modificacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Política Agroalimentaria, do 29 de

abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións que se citan.

Constitución de:

A sociedade agraria de transformación Cortiñas Insua Vilalba SAT nº 1178 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lanzós-Ferreira, s/n-Vilalba (Lugo); obxecto social: producción gandeira e leiteira; capital social: 195.600 A; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Berlai SAT nº 1179 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Berlai-Guntín (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 900 A; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Finca a Cortiña SAT nº 1180 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Carrizal-Coristanco, 15147 (A Coruña); obxecto social: explotación de gando vacún de leite; capital social: 117.269,70 A; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación A Lameira SAT nº 1181 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lameira, nº 1-Tomiño (Pontevedra); obxecto social: producción e comercialización de planta ornamental; capital social: 7.200 A; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Casa da Portela SAT nº 1182 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Vidal-Trabada (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 1.800 A; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Grancorona SAT nº 1183 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en San Cosme de Piñeiro, A Pastoriza (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 900 A; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Valle Vega Arneiro SAT nº 1184 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Arneiro-Cospeito (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 2.100 A; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Cerzar SAT nº 1185 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Rúa Grande, 126-1º, Celeiro-Viveiro (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 4.800 A; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Suaréz-Moar SAT nº 1186 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Fondo de Aldea-Barbeiros, 15685, Ordes (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 264.120 A; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Alecrin SAT nº 1187 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Limiñoa, Cores, Ponteceso (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 153.300 A; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación A Pedra SAT nº 1188 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Aiazo, nº 9, Frades (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 223.800 A; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Chao Mezonzo SAT nº 1189 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Cernadas, nº 2, San Pedro de Mezonzo, Vilasantar (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 240.200 A; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Privar SAT nº 1190 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Vilar de Ferreiros, Visantoña-Santiso (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 2.404 A; nº de socios: 4.

A sociedade agraria de transformación Ganadería Gallego SAT nº 1191 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Gueimonde, nº 9, A Pastoriza (Lugo); obxecto social: explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 900 A; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Caamaño SAT nº 1192 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Espigas, Alborés, Mazaricos (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 1.800 A; nº de socios: 3.

Modificación de:

A sociedade agraria de transformación Finca El Pilar SAT nº 868 XUGA, e o seu presidente, como único herdeiro dos resgardos da SAT, convoca unha asemblea xeral extraordinaria celebrada o 10 de marzo de 2003, para os interesados en ser socios e acordan por unanimidade:

1. Dar de alta a 3 socios Gilberto Parra Bassalobre, Manuel Diz Díaz e Miguel González López, sen variación no capital social, quedando participado do xeito seguinte: Virgilio Blanco Fernández e Gilberto Parra Bassalobre, con 2.420 resgardos cada un deles, Manuel Diz Díaz, con 2.009 xustificantes e Miguel González López, con 411 resgardos, que fan un total de 7.260 xustificantes de 60,10 A cada un deles.

2. Elección de nova xunta rectora integrada por Virgilio Blanco Fernández, presidente; Gilberto Parra Bassalobre, secretario; Manuel Diz Díaz e Miguel González López, vocais.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2003.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Promoción

Agroalimentaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO