Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se aproba o proxecto de execución, se declaran de utilidade pública, en concreto, as instalacións da liña de alta tensión (L.A.T.) a 132 kV desde subestación parque eólico de Álabe-Leste ata L.A.T. a 132 kV (Montouto-Nordés)-(Boimente-Pena Grande), no concello do Valadouro (Lugo), e se consideran compatibles co permiso de investigación Río Bao 5514. (Expediente 38-2/2001 A.T.).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A., con enderezo para efectos de notificación en parque empresarial La Moraleja, avda. de Europa nº 18, 28108-Alcobendas (Madrid), resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data 11 de xaneiro de 2002 a devandita empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública das liñas de alta tensión L.A.T. 132 kV subestación parque eólico Álabe-Leste e L.A.T. 132 kV subestación parque eólico Álabe-Mareiro, presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as acti-

vidades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o 143 do Real decreto 1955/2000 que a desenvolve.

Segundo.-A delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo someteu o devandito proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 18 de xuño de 2002, publicada no DOG do 12 de xullo, no BOP de Lugo do 13 de xullo e no diario El Progreso de Lugo do 9 de xullo. O anuncio estivo exposto no taboleiro de anuncios dos concellos de Ourol e O Valadouro.

Así mesmo practicouse notificación individual ós interesados incluídos na relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública José Luis Sastre Pascual, en nome de Tolsa, S.A., e mediante escrito de data de entrada no rexistro xeral do edificio administrativo de Lugo do 6 de agosto de 2002, presentou alegación á instalación das devanditas liñas de alta tensión por considerar que a súa aprobación está intrinsecamente asociada ós parques eólicos de Álabe-Mareiro e Álabe-Leste os cales, segundo o alegante, interfiren co permiso de investigación Río Bao nº 5514 que a dita empresa posúe.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Lugo, comprobándose mediante inspección sobre o terreo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións ni limitacións previstas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Quinto.-O día 7 de novembro de 2002 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia resolveu abrir trámite de compatibilidade entre os distintos intereses públicos concorrentes no espacio proxectado para a implantación das devanditas liñas de alta tensión, as cales afectan ós concellos de Ourol e O Valadouro.

Sexto.-Con data de entrada do 11 de novembro de 2002, Juan Antonio Alonso Comerma, en nome e representación de Acciona Eólica de Galicia, S.A. solicitou que, debido a que a alegación realizada pola empresa Tolsa, S.A. só afecta á L.A.T. 132 kV subestación parque eólico Álabe-Leste, se segregue e se tramite como dous expedientes independentes a L.A.T. 132 kV subestación parque eólico Álabe-Leste e a L.A.T. 132 kV subestación parque eólico Álabe-Mareiro ata a consecución das preceptivas autorizacións.

Sétimo.-Para o trámite de audiencia aberto, e tendo en conta a anterior segregación do expediente en dous, esta dirección xeral tivo en conta o seguinte para o trámite de compatibilidade da liña L.A.T. 132 kV subestación parque eólico Álabe-Leste:

1. Documentación examinada.

Para a realización deste informe examináronse, ademais das alegacións presentadas polas partes dentro do trámite de audiencia, os seguintes documentos:

* Expediente e proxecto de execución da L.A.T 132 kV desde a subestación parque eólico de Álabe-Leste ata a L.A.T. A 132 KV (Montouto-Nordés)-(Boimente-Pena Grande).

* Expediente e proxecto do permiso de investigación Río Bao nº 5514.

2. Resumo dos proxectos e alegacións presentadas.

Vanse resumir neste epígrafe os proxectos e alegacións de cada unha das sociedades implicadas.

-Acciona Eólica de Galicia, S.A.

Titular da L.A.T. 132 kV desde a subestación parque eólico de Álabe-Leste ata a L.A.T. a 132 kV (Montouto-Nordés)-(Boimente-Pena Grande).

Características do proxecto.

L.A.T. aérea a 132 kV de 1.324 m. de lonxitude para a interconexión do parque eólico Álabe-Leste coa L.A.T. existente a 132 kV (Montouto-Nordés)-(Boimente-Pena Grande), composta por un circuíto cun conductor por fase LA-180 e cable a terra OPGW sobre apoios metálicos de celosía, e situada no terno municipal do Valadouro.

Alegacións.

En resumo son as seguintes:

-Sobre o permiso de investigación Río Bao 5514:

* Non existe ningunha interferencia entre os labores proxectados para este permiso e a L.A.T., ademais de non existir concentracións de turba na zona de superposición dos dous proxectos.

* Independentemente do exposto considera que dado que a investigación mineira se desenvolve nunha zona proposta para a súa inclusión na Rede Natura 2000, son mínimas as posibilidades dos titulares do dereito mineiro de obter unha declaración ambiental positiva para un hipotético proxecto de explotación no futuro.

-Finalmente e como conclusión solicita que se declare inexistente a concorrencia de utilidades públicas ou, subsidiariamente, se declare a compatibilidade da L.A.T. e o permiso de investigación.

-Tolsa, S.A.

Titular do permiso de investigación Río Bao nº 5514.

Permiso de investigación Río Bao nº 5514.

* Outorgado o 14 de novembro de 1997 sobre 107 cuadrículas mineiras. O recurso obxecto da investigación é a turba.

* Autorizouse o 6 de xullo de 2001 unha prórroga parcial sobre 62 cuadrículas mineiras ata o 20 de novembro de 2003.

Características do proxecto.

Preténdese realiza-la investigación de turba sobre unha superficie de 62 cuadrículas mineiras, prevéndose labores de realización de sondaxes mecánicas a testemuña continua de aproximadamente dous metros de profundidade media e o posterior estudio analítico dos mesmos.

Alegacións.

No foron presentadas alegacións.

Oitavo: as características técnicas básicas da instalación, segundo o proxecto realizado polo enxeñeiro do I.C.A.I Pablo Fernández Castro, colexiado número 985, e visado polo colexio oficial de enxeñeiros do I.C.A.I con número 2402/2001, son as seguintes:

Liña de alta tensión (L.A.T.) aérea a 132 kV, para interconexión do parque eólico Álabe-Leste e a L.A.T. aérea existente a 132 kV (Montouto-Nordés)-(Boimente-Pena Grande), de 1.324 metros de lonxitude e composta por un circuíto cun conductor por fase tipo LA-180 sobre apoios metálicos de celosía e un cable a terra OPGW, realizándose a mesma mediante picas e electrodos profundos. Esta liña está deseñada para unha capacidade de transporte de 97,07 MVA.

Orzamento: 107.568,38 euros.

Concellos afectados: O Valadouro.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, modificado polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, no seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

* O permiso de investigación pretende a investigación do recurso xeolóxico turba.

* Segundo o estudio ambiental presentado por Acciona Eólica de Galicia, S.A., informado favorablemente pola Consellería de Medio Ambiente, os apoios da L.A.T. van sobre rocas graníticas, non afectando a liña a ningunha turbeira, que é o obxecto

do permiso de investigación, polo que se considera que son compatibles as actuacións previstas en ambos proxectos.

No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede:

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña de alta tensión (L.A.T) aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde subestación parque eólico de Álabe-Leste ata L.A.T aérea existente a 132 kV (Montouto-Nordés)-(Boimente-Pena Grande), no termo municipal do Valadouro (Lugo).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens o de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Declara-la compatibilidade da L.A.T 132 kV desde a subestación parque eólico de Álabe-Leste ata a L.A.T. A 132 kV (Montouto-Nordés)-(Boimente-Pena Grande) co permiso de investigación Río Bao nº 5514.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL