Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 2 de abril de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 315/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 26 de febreiro de 2003, o/a instructor/a do procedemento dictou proposta de resolución do expediente sancionador nº 315/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Caracoles Norte-Sur, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Caracoles Norte-Sur, S.L. o contido da dita proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no numero 1º do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula, lembrándolle-lo seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 2 de abril de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 315/2002.

Denunciado: Caracoles Norte-Sur, S.L.

DNI/NIF: B82098641.

Último enderezo coñecido: peirao da Palloza, H 11. A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos.

Precepto/s presuntamente infrinxido/s: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º.1; 2.2º e 3.3º.3 do Real decreto 1945/1983 sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria e o Real decreto 1712/1991 polo que se aproba o Rexistro Xeral Sanitario de Alimentos.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 30,05 euros. Trinta euros con cinco céntimos.