Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Zona Marítima, S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Vilagarcía de Arousa en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo: rúa Alcalde Rei Daviña, 3-1º B e C, Vilagarcía de Arousa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de marzo de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Zona Marítima, S.L.

NIF: B-62389572.

Lg. estrada nac. II, km 592, Canfust, 25.

Sant Abreu de la Barca, Barcelona.

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expediente: 2661/2001.

Liq.: 600100102326.

José Antonio Vázquez Gómez.

DNI: 53555309-Q.

Avda. González Besada, 8.

Vilanova de Arousa.

Imposto de transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados.

Expediente: 443/2003.

Liq.: 600021144730.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA