Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se publica o cambio de titularidade das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2505; XG-246, Chantada-Chouzán, con anexos, e V-3133; XG-350, Chantada-Matanza, con anexos.

A Dirección Xeral de Transportes mediante acordos directivos do 14 de xaneiro de 2003 autorizou a transmisión das concesións de referencia a favor da empresa Autocares Manolete, S.L. por cesión do seu titular Autocares Ledovaz, S.L.

O que se publica unha vez cubertos os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas das concesións.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2003.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Transportes