Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Hernando Serna, Leticia e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se aproba o procedemento para a realización de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de marzo de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Hernando Serna, Leticia.

DNI: 43523665-Y.

Rúa República Arxentina, 22-1º.

Vigo.

Acordo da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria.

Liquidación de xuros expediente

de devolución de taxas.

Rivas Suárez María.

DNI: 35444445-L.

Rúa Fontesnata, 35, Campolongo.

Pontevedra

Acordo da Oficina Liquidadora

de Vilagarcía de Arousa.

Liquidación de xuros expediente

de devolución de taxas.

García García, Sonia.

DNI: 70862876-Z.

Avda. Castelao, 7-3º B.

Vigo.

Acordo da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria.

Liquidación de xuros expediente

de devolución de taxas.

García Sanz, Ana Belén.

DNI: 25451768-Z.

Rúa Cordón, 5-2º D.

Pontevedra.

Acordo da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria.

Liquidación de xuros expediente

de devolución de taxas.