Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.287

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (182/2002).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 182/2002, por instancia de Amadeo Ferreras Díez contra Canlevial, S.L. e outros, sobre cantidade, nos que recaeu sentencia con data do 14 de marzo de 2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que, estimando a demanda promovida por Amadeo Ferreras Díez contra Canlevial, S.L., Rafael Alberto Míguez Candal e Galevial Construcciones, S.L., debo condenar e condeno ás demandadas a que lle aboen á demandante a cantidade de 836,35 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación á empresa Canlevial, S.L.e a Rafael Alberto Míguez Candal, expido e asino esta cédula na Coruña o 14 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado