Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.287

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (204/2002).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 204/2002, por instancia de Miguel Sáez Ortells contra Moga, 98, S.L., sobre cantidade, nos que recaeu sentencia con data do 14-3-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que, estimando a demanda promovida por Miguel Sáez Ortells contra Moga, 98, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 3.718,98 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que poderá recorrerse en suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado na conta corrente deste xulgado, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), número 5605 0000 60 0204 02, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista; sen este requisito non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberá consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5605 0000 65 0204 02, entregándose o

xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa Moga 98, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 14 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado