Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.277

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 22 de abril de 2003, do tribunal da categoría de técnico superior en organización e administración sanitaria, polo que se determina o contido da memoria.

A base 6ª da orde pola que se convoca o proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde da categoría de técnico superior en organización e administración sanitaria habilita ó tribunal para que detemine o contido da memoria. O artigo 7.A.1.1 da mesma convocatoria dispón que «o exercicio consistirá na redacción durante o período máximo de 2 horas dunha memoria coa estructura e desenvolvemento que será proposto polo tribunal no momento da súa redacción. Neste exercicio valoraranse os coñecementos, a claridade e orde de ideas, así como a claridade da expresión escrita. Os contidos básicos da memoria serán os seguintes: análise detallada das funcións que se deben desenvolver na especialidade á que se opta, determinación dos coñecementos e medios necesarios para o seu desempeño, nivel de responsabilidade, así como importancia que as funcións que vaian

desenvolver teñan na organización».

As prazas da convocatoria citada da categoría de técnico superior en organización e administración sanitaria comprenden aquelas funcións que non correspondan a outras que foron convocadas de xeito específico, tales como enxeñeiros, biólogos ou psicólogos, xa que se encontran nelas diversos cometidos técnicos.

A citada convocatoria enmárcase dentro da Lei 16/2001 que ten por obxecto a consolidación de emprego estatutario no ámbito do Sistema Nacional de Saúde.

Tendo en conta todo o anterior e en consideración á diversidade de funcións que poden desenvolverse polos técnicos superiores no Sergas, o tribunal acorda:

Que o contido da memoria poderá orientarse (con exclusión das funcións correspondentes a outras

categorías convocadas no proceso extraordinario executado polo Sergas así como as funcións que lles corresponden ós técnicos de prevención de riscos laborais), ben a unha formulación xeral con referencia ás funcións que teñen que desenvolve-los técnicos superiores; ou ben a unha formulación singular dalgunha das áreas nas que os técnicos superiores poderían desenvolve-lo seu cometido dentro da organización e administración sanitaria, tales como: investigación; docencia; avaliación de servicios e calidade asistencial; estatística; información e comunicación na organización; arquitectura hospitalaria; ou calquera outra función que lle corresponda cunha titulación universitaria concreta que sexa desenvolvida ou poida desenvolverse na organización e administración sanitaria do Sergas.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Presidente do Tribunal