Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.268

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2003 pola que se convocan cursos de formación para o persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma galega.

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2003, e a través do Centro de Estudios Locais de Galicia, conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos que figuran no anexo I, dirixidos ó persoal das corporacións locais da Comunidade Autónoma galega, que deberán desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar nos cursos programados no anexo I deberá solicitalo coa presentación da instancia segundo o modelo oficial, que figura como anexo II desta resolución, e cubrila en tódolos seus epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaránse no rexisto xeral da Deputación Provincial de Ourense ou Departamento de Formación Continua, r/ Progreso, 30-2º, 32003 Ourense, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes rematará dez días naturais antes da data de comezo de cada curso.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos e publicarase na páxina Web: www.egap.xunta.es

Segunda.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Terceira.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con reguralidade no curso, e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso: prevención de riscos laborais.

1. Obxectivos.

Dota-los participantes dos coñecementos técnicos necesarios para o desenvolvemento das funcións de nivel básico de prevención de riscos laborais. Proporcionarlles ós participantes uns coñecementos xerais e básicos sobre toda a normativa legal aplicable en materia de prevención de riscos laborais. Analizar cales son os principais riscos que se presentan nas diferentes tarefas e actividades profesionais que desenvolven os traballadores da Administración local e afondar nas medidas para a súa prevención. Coñecer tódolos factores involucrados na protección fronte ós riscos laborais, ós elementos básicos de xestión da prevención de riscos e ós órganos específicos de participación dos traballadores nesta materia.

2. Destinatarios.

Funcionarios e empregados das corporacións locais con funcións técnicas ou administrativas. Persoal da Administración local en xeral, interesado na materia do curso.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar e datas: Centro de Formación da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 30: 12, 13, 14, 15, 16, 19, 20, 21, 22 e 23 de maio de 2003.

3.3. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

Conceptos básicos sobre a seguridade e a saúde no traballo. Riscos xerais e a súa prevención. Riscos específicos nas diferentes actividades das entidades locais e a súa prevención. Elementos básicos de xestión da prevención de riscos. Primeiros auxilios.

Curso: sobre a Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

1. Obxectivos.

Dar a coñece-lo novo réxime xurídico urbanístico de Galicia.

2. Destinatarios.

Funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional e técnicos de Administración xeral de corporacións locais pertencentes ós grupos A ou B.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar: Centro de Formación da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 30.

3.3. Datas: 16, 17, 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26 e 27 de xuño de 2003.

3.4. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.5. Prazas: 30.

4. Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e correción de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, polo que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 136/1997, do 5 de xuño, (DOG nº 114, do 16 de xuño), sobre a determinación dos méritos que lle corresponde fixar á Comunidade Autónoma nos concursos para a provisión de prazas reservadas a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30.

5. Contido.

Lexislación autonómica de urbanismo. Clasificación e réxime xurídico do solo: solo núcleo rural e solo rústico. Disciplina urbanística. Planeamento, xestión e licencias.

Curso: réxime de funcionamento dos órganos locais.

1. Obxectivos.

Proporcionar ós participantes un maior coñecemento do réxime de funcionamento dos órganos locais.

2. Destinatarios.

Cargos electos das entidades locais de Galicia.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 10 horas cada edición.

3.2. Lugar e datas: Centro de Formación da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 30: 9, 10 e 11 de setembro de 2003.

3.3. Horarios: de 17 a 20.30 horas.

3.4. Prazas: 30.

4. Contido.

Composición e funcionamento dos órganos locais. Competencias e réxime de delegacións. Réxime de convocatoria e desenvolvemento de sesións. Información e acceso á documentación. Grupos municipais.

Curso: sobre a facenda nas entidades locais de Galicia.

1. Obxectivos.

O curso ten por obxecto realizar unha análise exhaustiva, teórica e práctica dos recursos financeiros dos entes locais de Galicia tralas recentes e profundas modificacións que se levaron a cabo nas súas normas reguladoras estatais e autonómicas.

2. Destinatarios.

Funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional e técnicos de Administración xeral de corporacións locais pertencentes ós grupos A ou B.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar: Centro de Formación da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 30.

3.3. Datas: 30 de setembro; 1, 2, 3, 6, 7, 8, 9, 10 e 13 de outubro de 2003.

3.4. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.5. Prazas: 30.

4. Valoración.

Para os efectos do establecido na resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e correción de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, polo que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30 puntos.

Para os efectos do establecido no Decreto 136/1997, do 5 de xuño, (DOG nº 114, do 16 de xuño), sobre a determinación dos méritos que lle corresponde fixar á Comunidade Autónoma nos concursos para a provisión de prazas reservadas a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,30.

5. Contido.

A situación económico-financeira das entidades locais de Galicia. O réxime xurídico das facendas

locais de Galicia: normativa europea, estatal e autonómica de aplicación. A xestión tributaria actual. A Lei de estabilidade orzamentaria e as entidades locais. Os plans económico-financeiros de corrección dos desequilibrios orzamentarios. As operacións de crédito dos entes locais: réxime xurídico, requisitos para a concertación de operacións de crédito. Réxime contractual das operacións de crédito. O imposto sobre bens inmobles. O imposto sobre actividades económicas: elementos básicos do imposto, a xestión e a inspección tributaria do IAE. A xestión censual do imposto sobre actividades económicas. Colaboración interadministrativa. O imposto sobre vehículos de tracción mecánica: elementos persoais e obxectivos do imposto. A xestión municipal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O imposto de construccións, instalacións e obras. O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana: elementos esenciais e xestión do IIVTNU. As contribucións especiais. As

cotas de urbanización. Os ingresos públicos derivados dos convenios urbanísticos e da xestión urbanística municipal. A participación nos tributos do Estado de municipios e provincias. O Fondo Galego de Cooperación Local. Os instrumentos financeiros da política rexional europea: fondos estructurais, fondo de cohesión, Banco Europeo de Investimentos. As taxas e os prezos públicos: réxime xurídico, elementos esenciais, ordenanzas reguladoras. Multas e sancións. As subvencións de outros entes públicos. A cooperación económica estatal ós plans pronvinciais de obras e servicios. O imposto sobre o valor engadido e os ingresos públicos locais (I): supostos de suxeición. Base impoñible. Tipos de gravame. IVE soportado deducible: prorrata xeral e especial. O imposto sobre o valor engadido e os ingresos públicos locais (II): obrigas formais e materiais dos entes locais como suxeitos pasivos do IVE.

Curso: contabilidade pública na Administración local.

1. Obxectivos.

Proporcionar coñecementos teóricos e prácticos en relación coa contabilidade dos entes locais e a súa aplicación mediante exercicios prácticos.

2. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Administración local, pertencente ós grupos C e D ou asimilados.

3. Desenvolvemento.

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar: Centro de Formación da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 30.

3.3. Datas: 3, 4, 5, 6, 12, 13, 17, 18, 19 e 20 de novembro de 2003.

3.4. Horarios: de 17 a 20 horas.

3.5. Prazas: 30.

4. Contido.

Introducción á contabilidade financeira: a partida dobre. Criterios de cargo e aboamento. Estructura do plan xeral de contas da Administración local. Libros de contabilidade dos entes locais, contido e funcionamento. Significado e funcionamento das contas de balance e das contas de resultados. Contas de orde e de control orzamentario. Especial referencia ás contas de provisión, de amortizacións e de periodificación contable. Obxectivos e principios da contabilidade pública local: relacións entre a estructura orzamentaria das entidades locais e o plan de contas da Administración local. Apertura da contabilidade e do orzamento local. Contabilización da xestión e execución do orzamento de gastos das entidades locais. Modificacións de crédito, axustes no orzamento prorrogado. Fases da xestión de gastos. Contabilidade de orzamentos de ingresos: as previsións iniciais e as súas modificacións. As fases de xestión dos ingresos dos entes locais. Contabilidade dos bens que constitúen o

inmobilizado material, inmaterial e financeiro e das operacións de crédito das entidades locais. Contabilización das operacións non orzamentarias: estructura. Libros de contabilidade. Funcionamento. Os gastos con financiamento afectado e os gastos plurianuais: concepto, contabilización e consecuencias nas magnitudes de fin de exercicio. Operacións de fin de exercicio: Periodificación, regulación e peche. O resultado orzamentario. Os remanentes de crédito. O remanente de Tesourería. A conta xeral das entidades xerais: contido e tramitación.

ANEXO II

NOTA: úsese o publicado na páxina 5.267.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA