Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.265

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2003 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 2003, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural os cursos que figuran no anexo, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo que figura ó final da convocatoria, dirixiranse ó Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural ou en calquera das súas delegacións provinciais, sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes determínase no anexo para cada curso.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección serán os que figuran no anexo, segundo as características de cada curso, e respectarán en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no curso.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións do curso. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida, dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2003.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO I

Curso: contabilidade agraria: programa Xesconta.

1. Obxectivos.

Coñecer e utilizar programas contables nas explotacións agrarias que permitan:

-Seguimento e evolución dos resultados económicos.

-A avaliación da eficiencia das técnicas empregadas na producción.

-O cumprimento das obrigas fiscais.

-A toma de decisións (xestión) baixo criterios empresariais.

2. Destinatarios.

Técnicos agrarios con cometidos na formación e asesoramento dos agricultores e gandeiros.

3. Criterios de selección.

Grao de implicación en programas de asesoramento e formación cos agricultores e gandeiros.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 22 horas.

4.2. Lugar de realización: Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude (Boqueixón).

4.3. Datas: do 17 ó 20 de xuño de 2003.

4.4. Horario: 9.30 a 14 e de 15.30 a 17.30 horas.

4.5. Prazas: 16.

5. Contido.

Plan Xeral de Contabilidade e adaptación á contabilidade das explotacións agrarias. Funcionamento e aplicación do programa Xesconta. Adaptación dos resultados contables para mellora-la xestión das explotacións. A contabilidade como ferramenta necesaria para optimiza-las obrigas fiscais dos sistemas de producción agrarios.

6. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de maio de 2003.

Curso: AutoCAD.

1. Obxectivos.

Darlles unha información adecuada ós xestores que interveñen no proceso de concentración parcelaria para que poidan aproveitar tódalas utilidades da aplicación informática do AutoCAD.

2. Destinatarios.

Persoal da Xunta de Galicia que intervén directamente no proceso de concentración parcelaria.

3. Criterios de selección.

Persoal da Xunta de Galicia que intervén directamente no proceso de concentración parcelaria.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 60 horas.

4.2. Lugar de realización: aula de informática do Edificio Múltiple de Monelos (Praza Luis Seoane s/n. A Coruña).

4.3. Datas: 15, 16, 19, 2 0, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de maio; 2, 3, 4, 5, 6, 9, 10, 11, 12, 13, 16, 17, 18, 19, 20, 23, 24 e 25 de xuño de 2003.

4.4. Horario: 8 a 10 horas.

4.5. Prazas: 15.

5. Contido.

Introducción ó AutoCAD. Traballar con AutoCAD. Conceptos básicos. Ordes en AutoCAD. Iniciar un debuxo. Ordes básicas de edición. Unidades de medida e límites. Reixa e forzado de coordenadas. Zoom. A orde LINEA: liñas poliliñas e liñas múltiples. Tipos de coordenadas. Referencia a entidades. Capas, matrices, sombreado. Equidistancia. Estirar obxectos. Bloques. Acoutación. Texto. Trazado dun debuxo. Exercicios prácticos.

6. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 2 de maio de 2003.

Curso: viticultura e enoloxía.

1. Obxectivos.

Formación de técnicos da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural vinculados no seu traballo ás técnicas enolóxicas e vitícolas.

2. Destinatarios.

Funcionarios da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural que desenvolven programas de axudas e técnicas enolóxicas e vitícolas.

3. Criterios de selección.

-Vinculación do seu traballo vitícola-enolóxico.

-Non ter asistido a outros cursos similares.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar de realización: Evega (Leiro).

4.3. Datas: 19, 20, 21, 22 e 23 de maio de 2003.

4.4. Horario: 9 a 14 horas.

4.5. Prazas: 25.

5. Contido.

-Viticultura. O medio vitícola galego, as variedades galegas, portaenxertos, os criterios de decisión de plantación. A poda, o abonado, o mantemento do solo.

-Enoloxía. Seguimento da maduración. Decisión do momento de vendima. A elaboración do viño branco. A elaboración do viño tinto. Enfermidades dos viños.

6. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 2 de maio de 2003.

Curso: agricultura e gandería ecolóxica nas explotacións agrarias do litoral cantábrico.

1. Obxectivos.

Actualiza-los coñecementos do persoal que ten unha vinculación directa coa producción ecolóxica nos seus diferentes aspectos.

2. Destinatarios.

Técnicos agrarios da Xunta de Galicia relacionados coa producción ecolóxica.

3. Criterios de selección.

O curso está dirixido a técnicos da Xunta de Galicia relacionados coa producción ecolóxica.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 28 horas.

4.2. Lugar de realización: Centro de Formación e Experimentación Agraria de Pedro Murias (Ribadeo).

4.3. Datas: 9, 10, 11, 12 e 13 de xuño de 2003.

4.4. Horario: 10 a 14 e de 15.30 a 17.30 horas.

4.5. Prazas: 30.

5. Contido.

Fundamentos da agricultura e gandería ecolóxica. Marco legal. Evolución da agricultura e gandería ecolóxica. O grao de acollida nas diferentes comunidades autónomas. Programas de axudas. Mercados, comercialización e productos agroambientais. A certificación na producción ecolóxica, sistemas de control.

6. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 23 de maio de 2003.

Curso: hortofloricultura en producción integrada.

1. Obxectivos.

Coñecemento da producción integrada e aplicación práctica na horticultura galega do Real decreto 1201/2002.

2. Destinatarios.

Técnicos da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. Criterios de selección.

O curso vai dirixido a técnicos da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural relacionados coa horticultura e a producción integrada.

4. Desenvolvemento.

4.1. Duración: 28 horas.

4.2. Lugar de realización: Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (Bergondo).

4.3. Datas: 24, 25, 26 e 27 de xuño de 2003.

4.4. Horario: 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

4.5. Prazas: 25.

5. Contido.

O Real decreto 1201/2002. A Lei 43/2002, de sanidade vexetal. Inimigos naturais autóctonos nos cultivos baixo abrigo en Galicia. Pragas e enfermidades dos cultivos hortícolas en Galicia. O cultivo das brasicas en producción integrada en Aragón. Técnicas de producción integrada de tomate, pemento, feixón verde e leituga. A trazabilidade das produccións hortícolas en producción integrada.

6. Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 6 de xuño de 2003.