Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente da obra: Nave de obras.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 11 de abril de 2003, o prego de cláusulas administrativas que rexerá a contratación da obra Nave de obras, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, exponse ó público na Secretaría deste Concello polo prazo de 8 días hábiles para efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do R.D. 781/1986, do 18 de abril. Simultaneamente anúnciase o concurso de referencia, se ben a licitación se aprazará, no suposto de que formulen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas ata que as resolva a Corporación.

1. Entidade adxudicadora:

Concello de Cervo, praza do Concello, 27891 Cervo (Lugo). Telf.: 982 55 77 77. Fax: 982 55 77 29. Lugar onde se pode obter maior información.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello, onde poderán obter copia do prego de condicións e demais informacións que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto:

Trátase da construcción dunha nave para o servicio de obras do Concello de Cervo, que se instalará no polígono industrial de Cuíña, parcela nº 126, de conformidade co proxecto técnico redactado para o efecto pola arquitecta Patricia Vázquez Mille.

As empresas interesadas en participar neste concurso deberán someterse desde o punto de vista técnico ó proxecto de referencia.

b) Lugar de execución: polígono de Cuíña, Cervo.

c) Prazo de execución: as obras deberán ser executadas, como mínimo, de acordo co calendario de xustificación establecido no convenio asinado e polo que se conceden as axudas económicas para esta obra.

En particular, as obras deberán estar executadas e certificadas, na contía anual que corresponda, antes do día 15 de outubro de cada exercicio económico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

O orzamento do contrato que servirá de base na licitación ascende a un total de 396.667,99 euros, IVE, demais impostos, anuncios e gastos incluídos.

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Requisitos:

Clasificación: grupo C (edificación), subgrupo 2, categoría D.

A solvencia económica, financeira e técnica se acreditará de conformidade co establecido nos artigos 16 e 17 do TRLCAP aprobado polo R.D.L. 2/2000.

7. Criterio que servirán de base para a adxudicación:

Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, ponderando sobre un tope de 10 puntos, serán os seguintes:

-Prazo de execución das obras. Ponderado ata 6 puntos, significando que se valorará neste parágrafo o feito de que a anticipación das obras se refire, non a cada unha das anualidades, senón ó investimento total.

-Maiores unidades de obra por conta e cargo do adxudicatario valoradas a prezos de execución material. Ponderando ata 3 puntos.

-Menor prezo ofertado. Ponderado ata 1 punto.

8. Presentación de ofertas:

a) As ofertas presentaranse, no Concello de Cervo en man, das 9 ás 14 horas, dentro dos 13 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: figura descrita na cláusula undécima do prego de condicións.

9. Clasificación de documentación e apertura de plicas: terá lugar no salón de actos da Comisión de Goberno, ás 17 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo para presentar proposicións. Se coincide con sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios e tributos e outros derivados da contratación: por conta do adxudicatario.

Cervo, 11 de abril de 2003.

José Insua Pernas

Alcalde