Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra: Casa da Cultura San Cibrao, Concello de Cervo, fase II.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 11 de abril de 2003, o prego de cláusulas administrativas que rexerá a contratación da obra Casa da Cultura San Cibrao, Concello de Cervo, fase II, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de 8 días hábiles para efectos de

exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril. Simultaneamente anúnciase o concurso de referencia, se ben a licitación se aprazará no suposto de que formulen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas ata que as resolva a corporación.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cervo, praza do Concello, 27891 Cervo (Lugo). Teléfono: 982 55 77 77. Fax: 982 44 77 29. Lugar onde se pode obter maior información.

Dependencia que tramita o expediente: secretaría do concello, onde poderán obter copia do prego de condicións e demais informacións que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto:

Constitúe o obxecto do contrato a realización da obra Casa da Cultura San Cibrao, Concello de Cervo, fase II, conforme o proxecto redactado para o efecto.

A obra consiste na execución de albanelería, pavimentos e revestimentos, carpintería interior, fontanería e saneamento, electricidade e iluminación, climatización e acabados, tanto do soto como dalgunhas zonas sen rematar das plantas superiores.

As empresas interesadas en participar neste concurso deberán someterse desde o punto de vista técnico ó proxecto de referencia.

b) Lugar de execución: localidade de San Cibrao (Cervo).

c) Prazo de execución: as obras deberán ser executadas, como mínimo, de acordo co calendario de xustificacións establecido nos convenios asinados e polos que se conceden as axudas económicas para esta obra.

En particular, as obras deberán estar executadas e certificadas, na contía anual que corresponda, antes do día 15 de outubro de cada exercicio económico.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente, segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento do contrato que servirá de base de licitación ascende a un total de 216.000 euros, IVE, demais impostos, anuncios e gastos incluídos.

Así mesmo, será por conta da entidade adxudicataria, tanto o custo do cartel anunciador da obra, como o importe do correspondente control de calidade da execución das obras, que será levado por empresa suficientemente capacitada e independente.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do orzamento do contrato.

6. Requisitos.

Grupo C, subgrupo 6 e categoría C.

A solvencia económica, financeira e técnica acreditarase de conformidade co establecido nos artigos 16 e 17 do TRLCAP aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000.

7. Criterios que servirán de base para a adxudicación.

Os criterios obxectivos que servirán de base para a adxudicación do concurso, ponderando sobre un tope de 10 puntos, serán os seguintes:

-Prazo de execución das obras. Ponderado ata 5 puntos, significando que se valorará neste parágrafo o feito de que a anticipación das obras se refire, non a cada unha das anualidades, senón ó investimento total.

-Maiores unidades de obra e mobiliario por conta do adxudicatario valoradas a prezos de execución material. Ponderando ata 4 puntos.

-Menor prezo ofertado. Ponderado ata 1 punto.

8. Presentación de ofertas.

a) As ofertas presentaranse no Concello de Cervo en man, das 9 ás 14 horas, dentro dos 13 días naturais seguintes ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: figura descrita na cláusula undécima do prego de condicións.

9. Clasificación de documentación e apertura de plicas.

Terá lugar no salón de actos da Comisión de Goberno, ás 17 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo para presentar proposicións. Se coincide con sábado trasladarase ó luns seguinte.

10. Gastos por conta do adxudicatario.

Tódolos gastos serán por conta do adxudicatario, segundo se desprende da cláusula 17 do prego de cláusulas.

Cervo, 11 de abril de 2003.

José Insua Pernas

Alcalde