Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

ANUNCIO.

O Concello de Boqueixón, en sesión plenaria ordinaria celebrada o día 12 de marzo de 2003, acordou:

1. Aprobar inicialmente o convenio urbanístico entre o concello e a entidade mercantil Río Ave, S.L., para a modificación puntual das normas subsidiarias municipais de Boqueixón no ámbito do predio Pazo de Ramil. A modificación afecta a actual clasificación do solo incluído na área citada, pasando este solo, de non urbanizable común, a solo urbanizable delimitado.

2. Somete-lo convenio ó trámite de información pública durante vinte días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, con fin de que calquera persoa poida examinalo e presenta-las alegacións que se consideren pertinentes. Tamén se publicará no diario El Correo Gallego.

3. Lugar e horario de exposición: Concello de Boqueixón, de luns a venres en horas de 9 a 14.

Boqueixón, 13 de marzo de 2003.

Adolfo Gacio Vázquez

Alcalde-presidente