Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato de subministración SCS.-32/2002 para adquisición de equipamento con destino ó Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol (23 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición de equipamento con destino o Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol (23 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-32/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento.

c) Lote: 23 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 147, do 1 de agosto e BOE nº 195, do 15 de agosto e DOCE S152, do 7 de agosto de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos dous mil catrocentos cincuenta e tres euros (402.453 euros IVE incluído); desagrégase en dúas anualidades, para o ano:

2002: 263.273 A.

2003: 139.180 A.

Lotes

Descrición

Anualidade

2002

Anualidade

2003

1Equip. electromédico div. servicios.10.170 A

2Guindastre mobilización doentes.19.830 A

3Monitores presión arterial.9.025 A

4Lavacuñas desinfección.28.000 A

5Electrocardiógrafos.10.200 A

6Equipamento hidroterapia.9.400 A

7Equipo presoterapia.1.800 A

8Equipamento termoterapia2.250 A

9Cinta de esforzos.6.900 A

10Lámpadas cirúrxicas.14.420 A

11Mesa de partos.26.000 A

12Aspiradores eléctricos.4.200 A

13Accesorios neonatoloxía.2.620 A

14Desfibrilador.8.500 A

15Equipo anestesia.30.000 A

16Equipamento diverso neonatoloxía.108.800 A

17Respiradores volumétricos.48.000 A

18Respirador CPAP.12.000 A

19Respirador de transporte.10.000 A

20Cardiotocógrafos.23.000 A

21Accesorios endoscopia.11.400 A

22Negatoscopios uso xeral.2.638 A

23Colchóns antiescaras.3.300 A

Adxudicacións:

Lote nº 1: equipamento electromédico diversos servicios.

a) Data: 31 de decembro de 2002.

b) Contratista: Boente, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lote 1 por un importe de sete mil novecentos setenta e oito euros, para o ano 2002 (7.978 A IVE incluído).

Lote nº 2: guindastre mobilización doentes.

Lote nº 4: lavacuñas desinfección.

a) Data: 31 de decembro de 2002.

b) Contratista: Arjo Spain, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lotes 2 (oferta base) e lote 4 (variante) por un importe de corenta e un mil setecentos setenta mil euros, para o ano 2003 (41.770 A IVE incluído).

Lote nº 3: monitores presión arterial.

Lote nº 9: cinta de esforzo.

a) Data: 31 de decembro de 2003.

b) Contratista: Ge Medical Systems Information Technologies España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes 3 (variante), 9, por un importe de nove mil vintecinco euros para o ano 2002 e seis mil novecentos euros para o ano 2003 (15.925 A IVE incluído).

Lote nº 5: electrocardiógrafos.

Lote nº 14: desfibrilador.

Lote nº 20: cardiotocógrafos.

a) Data: 31 de decembro de 2002.

b) Contratista: Galmédica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes 5 (variante), 14, 20, por un importe de dezaoito mil seiscentos oitenta e dous euros para o ano 2002 e vintetrés mil euros para o ano 2003 (41.682 A IVE incluído).

Lote nº 6: equipamentos hidroterapia.

Lote nº 7: equipo presoterapia.

Lote nº 8: equipamento termoterapia.

a) Data: 31 de decembro de 2003.

b) Contratista: Enraf Nonius Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes 6 (oferta base), 7 (oferta base), 8 (oferta base) por un importe de once mil setecentos dez con sete euros para o ano 2003 (11.710,07 A IVE incluído).

Lote nº 10: lámpadas cirúrxicas.

Lote nº 15: equipo anestesia.

Lote nº 16: equipamento diverso neonatoloxía.

Lote nº 17: respiradores volumétricos.

Lote nº 19: respirador de transporte.

a) Data: 31 de decembro de 2002.

b) Contratista: Drager Medical Hispania, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes 10 e 15 (conxunta), 16, 17 e 19 (conxunta) por un importe de cento cincuenta e cinco mil catrocentos euros para o ano 2002 e corenta e oito mil euros para o ano 2003 (203.400 A IVE incluído).

Lote nº 11: mesa de partos.

a) Data: 31 de decembro de 2002.

b) Contratista: Fundación García Muñoz, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: por un importe de vinteseis mil euros para o ano 2002 (26.000 A IVE incluído).

Lote nº 12: aspiradores eléctricos.

Lote nº 18: respirador CPAP.

Lote nº 22: negatoscopios uso xeral.

Lote nº 23: colchón antiescaras.

a) Data: 31 de decembro de 2002.

b) Contratista: Suministros Galeno, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes 12, 18, 22 e 23, por un importe de vinteún mil douscentos sesenta e sete con doce euros para o ano 2002 (21.267,12 A IVE incluído).

Lote nº 13: accesorios de neonatoloxía.

a) Data: 31 de decembro de 2002.

b) Contratista: Clínica y Control, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lote 13, por un importe de dous mil seiscentos dez euros para o ano 2002 (2.610 A IVE incluído).

Lote nº 21: accesorios endoscopia.

a) Data: 31 de decembro de 2002.

b) Contratista: Karl Storz Endoscopia Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: por un importe de once mil oitenta e dous euros para o ano 2002 (11.082 A IVE incluído).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos