Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, área Ferrol, pola que se anuncia, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, concurso público 3/2003 de servicio de limpeza e desinfección nos diversos centros dependentes desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área Ferrol).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Subministracións.

c) Número de expediente: CP 3/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza e desinfección en diversos centros dependentes da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área Ferrol).

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: en distintos centros da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área Ferrol). Ver prego.

d) Prazo de execución: dous anos, desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 853.002 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional.

2% do orzamento de licitación autorizado (17.060,04 A).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Departamento de Subministracións.

b) Enderezo: Políg. Ind. da Gándara, parcela 35.

c) Localidade e código postal: 15407 Ferrol.

d) Teléfono: 981 32 13 12/32 14 77.

e) Telefax: 981 32 79 44.

f) Data límite de obtención de documentos e información: 8 de maio de 2003.

7. Requisitos específicos do contratista.

Ver prego de cláusulas administrativas.

a) Clasificación, no seu caso: (grupos, subgrupos e categoría): grupo U, subgrupo 1, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 9 de maio de 2003.

b) Documentación a presentar: ver prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área Ferrol).

1. Entidade: rexistro xeral.

2. Enderezo: praza de España 19-20, 5ª planta.

3. Localidade e código postal: 15403 Ferrol.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol.

b) Enderezo: Paseo Xeneral Sir John Moore 2.

c) Localidade: 15001 A Coruña.

d) Data: 20 de maio de 2003.

e) Hora: 10 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 3 de abril de 2003.

13. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Ferrol, 26 de marzo de 2003.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol