Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

I. Adquisición de equipamento de mobiliario clínico con destino ó Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol. (11 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c)Número de expediente: SCS.-33/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de mobiliario clínico.

c) Lote: 11 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 144, do 29 de xullo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Orzamento total: cento trinta e sete mil seiscentos setenta euros con IVE incluído (137.670 euros con IVE incluído); desagrégase en dúas anualidades para o ano:

2002: 16.620 A.

2003: 121.050 A.

Lotes

Descrición

Anualidade

2002

Anualidade

2003

1Armarios e vitrinas.16.260 A

2Angarellas e sistemas mobilización doentes.6.370 A

3Carros diversos servicios.28.000 A

4Mobiliario clínico diversos servicios.37.475 A

5Bañeras portátiles.10.820 A

6Mobiliario rehabilitación.7.770 A

7Neveiras medicación.7.595 A

8Mobiliario terapia ocupacional.2.290 A

9Angarellas tratamento rehabilitación.7.920 A

10Berces neonatoloxía.8.850 A

11Camas unidades especiais.4.320 A

Adxudicacións:

Lote 1: armarios e vitrinas.

Lote 10: berces neonatoloxía.

a) Data: 31 de outubro de 2002.

b) Contratista: Hidemar Mobiliario Clínico, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lotes 1 e 10, por un importe de sete mil oitocentos noventa e seis con sesenta euros para o ano 2002, e un importe de quince mil cento seis con oito euros para o ano 2003, IVE incluído (23.002,68 A IVE incluído).

Lote 2: angarellas e sistema mobilización doentes.

Lote 4: mobiliario clínico diversos servicios.

a) Data: 31 de outubro de 2002.

b) Contratista: Sumcyl, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lotes 2 e 4, por un importe de vinteún mil oitocentos un euros para o ano 2003, (21.801 A IVE incluído).

Lote 3: carros diversos servicios.

a) Data: 31 de outubro de 2002.

b) Contratista: Galmédica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lote 3, por un importe de vinte e catro mil douscentos noventa e sete con noventa e catro euros para o ano 2003, (24.297,94 A IVE incluído).

Lote 5: bañeras portátiles.

a) Data : 31 de outubro de 2002.

b) Contratista: Arjo Spain, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lote 5, por un importe de dez mil trescentos trinta e sete con corenta euros (10.337,40 A IVE incluído).

Lote 6: mobiliario rehabilitación.

Lote 9: angarellas tratamento rehabilitación.

a) Data: 31 de outubro de 2002.

b) Contratista: Enraf Nonius Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lotes 6 e 9, por un importe de seis mil oitocentos noventa e tres con oitenta e nove euros para o ano 2002 e sete mil trescentos oitenta e nove euros para o ano 2003, (14.282,89 A IVE incluído).

Lote 7: neveiras medicación.

a) Data: 31 de outubro de 2002.

b) Contratista: Movaco Grifols, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lotes 7 (variante), por un importe de sete mil trescentos cincuenta e dous con cincuenta e dous euros para o ano 2003, (7.352,52 A IVE incluído).

Lote 8: mobiliario terapia ocupacional.

Deserto.

Lote 11: camas unidades especiais.

a) Data: 5 de novembro de 2002.

b) Contratista: Keiner, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: lote 11, por un importe de catro mil trescentos vinte euros para o ano 2003, (4.320 A IVE incluído).

En cumprimiento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advirtíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos