Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador de incendios OU 004/03 IN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Montserrat González Pérez, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolver este expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción indicado no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa delegado provincial desta consellería, de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 19 de marzo de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: OU 004/03 IN.

Denunciado: Celestino Jiménez Jiménez.

DNI: 14246083-K.

Último enderezo coñecido: Sanabria, nº 42, 24400 Ponferrada.

Feito denunciado: abandono de vehículo, BI-9844-AY.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-1-2002 da Dirección Xeral de Montes e Incendios Forestais.

Sanción euros: 300,51 euros.