Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador OU 527/02 IN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola

Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles os denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará a seguir, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, e de seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 24 de xaneiro do 2002, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2002, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións e os documentos, informacións ou propostas de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente, de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoo en calquera entidade bancaria.

Ourense, 19 de marzo de 2003.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: OU 527/2002 IN.

Denunciado: Saturnino Celaya Fano.

DNI: 30561345.

Último enderezo coñecido: Obieta, nº 17-3º A, 48950 Erando.

Feito denunciado: abandono de vehículo, BI-5103-AU.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137.e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 24-2-2002 da Dirección Xeral de Montes e Incendios Forestais.

Sanción euros: 300,51 euros.