Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 21 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador de animais OU 06/02-AN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre animais 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar, e achegar por escrito as alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que considere convenientes na defensa dos seus dereitos. Comunícolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo de conformidade co establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o conselleiro de Medio Ambiente, de conformidade co disposto no artigo 20.3º c) do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autonómica de Galicia, en relación co Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que

se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 21 marzo de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Miriam Areal López

Instructora

ANEXO

Expte. nº/ano: OU 06/02-AN.

Denunciado: Dionisio Tejero Silva.

DNI: 71503272-K.

Último enderezo coñecido: r/ Outeiro s/n, Entoma, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito denunciado: non posuí-la licencia para a tenza de animais potencialmente perigosos, atopándose o can raza Doberman en lugares públicos sen bozo e suxeito con cadea de máis de dous metros; está, ademais, o animal sen o correspondente micro-chip e non está inscrito no rexistro.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 13.1º b) e artigo 13.2º, letras d), b) e c), da Lei 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 3.305,57 euros.