Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio ambiental do parque eólico de ampliación de Pena da Cruz, o proxecto de execución das instalacións que comprende, o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do dito parque eólico que se vai desenvolver nos concellos de Montederramo e Chandrexa de Queixa, provincia de Ourense. (Expediente IN661A 01/11-3 A.T.).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada por Gamesa Energía, S.A. de: autorización administrativa e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudio ambiental do parque eólico ampliación Pena da Cruz.

Lexislación aplicable para os efectos anteriores: Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia; Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación do territorio de Galicia; Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental e Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

2. Características básicas do proxecto.

a) Peticionario: Gamesa Energía, S.A.

b) Enderezo: avda. do Cruceiro da Coruña, nº 201 A; 15705 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Denominación: parque eólico ampliación Pena da Cruz.

d) Situación: Serra do Burgo; concellos de Montederramo e Chandrexa de Queixa (Ourense).

Coordenadas poligonais en unidades UTM da área delimitada polo parque:

Punto 1 (630.000, 4.685.750); punto 2 (629.246, 4.685.750); punto 3 (627.495, 4.684.004); punto 4 (628.806, 4.683.352); punto 5 (629.562, 4.683.352).

Superficie de afección aproximada: 352,53 ha.

e) Finalidade: producción de enerxía eléctrica a partir da enerxía eólica.

f) Datos técnicos:

-Conxunto de 12 aeroxeradores de 850 kW/u, que suman unha potencia bruta total de 10,20 MW.

-C.T. que se vai instalar en cada aeroxerador de 900 kVA de potencia e R/T 0,690/20 kV, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Interconexión dos aeroxeradores con circuíto eléctrico soterrado a 20 kV con conductor tipo [R.H.Z. 15/25 kV 3x1x(1x300) mm Al].

-Subestación transformadora (existente). Dotación de dúas celas de protección e medida a 20 kV, tipo CBGS-0, con illamento en gas SF e cos elementos de interconexión necesarios.

-Sistemas de control e supervisión.

g) Orzamento: 6.713.573 A.

3. Urxente ocupación. O peticionario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións, o que, segundo

o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Estudio ambiental. O estudio ambiental do parque eólico sométese a información pública en aplicación da normativa indicada no punto 1, e pode ser examinado nas dependencias seguintes: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas; Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental; delegacións provinciais en Ourense das consellerías de Innovación, Industria e Comercio e Medio Ambiente e nos concellos afectados.

5. Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. Ten por obxecto realiza-la ordenación do territorio do parque eólico, o cal se inclúe dentro das superficies outorgadas no plan eólico estratéxico aprobado por resolución da Consellería de Industria e Comercio do 29-12-1995 (DOG nº 51, do 12-3-1996).

6. Alegacións. Os interesados e os seus representantes poden examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, nº 1-4º de Ourense, tamén nos organismos citados no punto 4 no que respecta ó estudio ambiental, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realizase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 8 de abril de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

Parque eólico ampliación Pena da Cruz

Relación de bens e dereitos afectados

Superficie afección

Pred.PropietarioS.E.S.P.(O.T.)Cult.Lugar

NomeEnderezoZapatasPlataf.VooVíasGabias(P.E.)

1CMVMC de Drados

Presidente: Luis Núñez González

R/ Manuel Murgia, nº 15-3 D

32005 Ourense

225 m375 m1.460,63 m9.729,89 m195,50 m2.943,90 m2.943,90 mM.B.Pena do

Gaio

2CMVMC de Sas do Monte

Presidente: José Antonio Queija Díaz

Sas do Monte, s/n, Marrubio

32750 Montederramo

2.076,11 m3.375 m12.220,50 m58.779,14 m1.357,98 m26.627,51 m26.627,51 mM.B.A Lameira

3CMVMC de Serro

Presidente: Luis González Perreiro

Correinzas, s/n, Marrubio

32750 Montederramo

398,89 m750 m2.567,34 m8.186,39 m51,05 m4.042,08 m4.042,08 mM.B.A Lameira

4CMVMC de Marrubio

Presidente: Segundo Enríquez Vázquez

Lamelas, s/n, Marrubio

32750 Montederramo

0 m0 m15,27 m0 m0 m900,60 m900,60 mM.B.Trambas

Uces

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL