Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 23 de abril de 2003 Páx. 5.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a adquisición de equipos informáticos para os órganos xudiciais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de equipos informáticos para os órganos xudiciais de Galicia.

b) Número de unidades que hai que entregar: setecentas cincuenta (750).

c) División por lotes y número: dous lotes.

Lote 1: 700 ordenadores persoais.

Lote 2: 50 impresoras departamentais.

d) Lugar de entrega: o que sinale a Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

e) Prazo de entrega: un mes contado desde o día seguinte ó da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 811.700 euros, IVE incluído.

Lote 1: 756.700 A.

Lote 2: 55.000 A.

5. Garantía provisional: total para os lotes 1 e 2: 16.234 A.

Lote 1: 15.134 A.

Lote 2: 1.100 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 62 28 e 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados nas alíneas a), b) e c)

do artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados nas alíneas a), b), c), d) e e) do artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo de presentación de ofertas rematará ás 14 horas do día 9 de maio de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 19 de maio de 2003.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio.

Será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 19 de marzo de 2003.

12. Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2313

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Administración Local