Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.072

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

CONVOCATORIA de asemblea xeral.

O Consello de Administración da Caixa de Aforros de Galicia acordou convoca-los señores conselleiros xerais da entidade á asemblea xeral ordinaria que terá lugar no Pazo de Congresos da cidade da Coruña, sito na glorieta de América, s/n, ás 11.30 horas, do día 10 de maio de 2003, en primeira convocatoria,

ou, no mesmo lugar, media hora despois, en segunda, de acordo coa seguinte orde do día:

1. Constitución da asemblea xeral.

2. Informe do presidente.

3. Informe da dirección xeral.

4. Informe da comisión de control.

5. Examinar e aprobar, se procede, as contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria), o informe de xestión, tanto da Caixa de Aforros de Galicia coma do seu grupo consolidado, e a proposta de aplicarlle o resultado de Caixa de Aforros de Galicia, todo isto correspondente ó exercicio económico de 2002, así como á xestión do seu Consello de Administración, no mesmo período.

6. Examinar e aprobar, de se-lo caso, a memoria e a liquidación dos orzamentos da obra social do exercicio 2002.

7. Examinar, aprobar e/ou ratificar, se corresponde, os orzamentos da obra social para o exercicio 2003, e de creación ou modificación de obras sociais, de se-lo caso. Delégase no consello para modifica-lo orzamento da obra social.

8. Nomear auditores externos para o exercicio 2003.

9. Autoriza-lo Consello de Administración, nos termos máis amplos, para emitir obrigas de pagamento, na contía máxima, os termos e as condicións que a asemblea determine.

10. Delegar facultades para formalizar, executar e inscribi-los acordos que foron adoptados e para efectua-lo preceptivo depósito das contas anuais no rexistro mercantil.

11. Nomea-los interventores para aprobaren a acta da asemblea.

12. Clausura-lo acto o presidente.

Quince días antes da asemblea, quedará depositada na sede central de Caixa Galicia á disposición dos señores conselleiros xerais a documentación relativa ós puntos que figuran na orde do día.

A Coruña, 11 de abril de 2003.

O presidente do Consello de Administración

Rubricado