Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.072

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO.

O director da Fundación Pública Hospital da Barbanza, para darlles cumprimento ós artigos 9 e 10 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, abre o proceso de recepción de ofertas para a contratación do seguinte servicio:

-Contratación da subministración de papelería e carpetas da fundación (ref. CS 001/03).

Lote I: formularios. Orzamento anual estimado: 25.593,67 A.

Lote II: carpetas. Orzamento anual estimado: 3.443,08 A.

Lote III: folios brancos A-4, 80 gramos fotocopiadoras: 5.272,39 A.

Apertura de proposicións: ás 10 horas do día 12 de maio de 2003, na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

A documentación completa das condicións técnicas, económicas e contractuais pódese recoller na Fundación Pública Hospital da Barbanza, Servicio de Administración, Salmón-Oleiros, s/n, 15993 Ribeira (A Coruña) de 9 a 14 horas, e consultar na páxina www.sergas.es.

Poderán presentarse ofertas ata as 14 horas do día 7 de maio de 2003.

Ribeira, 9 de abril de 2003.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital

da Barbanza