Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 298/1999).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens e dereitos

afectados pola expropiación, así como para a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. a C.T. Barreiro de Abaixo (Melide).

Liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1.605 m, con orixe na liña subestación-Castiñeiro e final no C.T. Barreiro de Abaixo, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA, e tensións de 15/0,380-0,220 kV, no Barreiro de Abaixo, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón, e conductor tipo R.Z., de 1.280 m de lonxitude. No termo municipal de Melide.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 5-1-2000, no BOP do 29-12-1999, no xornal El Correo Gallego do día 11-12-1999 e nos taboleiros de anuncios da casa do Concello de Melide. Tamén foron notificados individualmente os interesados que figuran na devandita relación.

Por esta delegación provincial comprobouse que a liña, ó seu paso polos predios relacionados na información pública, non incurre en ningunha das prohibicións contempladas no artigo 57.A da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro) e no artigo 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro (BOE do 24 de outubro).

Comprobouse igualmente que as alegacións efectuadas polos interesados en canto á modificación do trazado da liña eléctrica non poden ser tidas en conta por non se daren as condicións previstas no artigo 57.B da devandita lei e no artigo 26 do mencionado decreto.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, o que leva implícita a necesidade de ocupa-los bens ou de adquiri-los dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 10 de marzo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña