Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 22 de abril de 2003 Páx. 5.051

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/392. Modificado I).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I cambio de tensión a 20 kV San Bernardo-Chave.

Situación: Noia e Lousame.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al:

-De 95 m de lonxitude, coa orixe no apoio metálico na liña a C.T. Cruído e final no C.T. Cruído, existente.

-De 22 m de lonxitude, que deriva do ramal anterior e final no autotransformador 10/20 kV de Cruído, que se vai instalar.

Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Cruído, con saída en baixa tensión subterránea, con conductor R.V. de 12 m que se conectan a rede existente. Concellos de Noia e Lousame.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de marzo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña