Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.016

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

ANUNCIO de concurso público para alleamento de parcelas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo no parque empresarial do Carballiño, Ourense.

En virtude do convenio do 2 de decembro de 2002 entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e a sociedade Xestión Urbanística de Ourense, S.A. (Xestur-Ourense), para a xestión do alleamento de parcelas propiedade do dito organismo no parque empresarial do Carballiño, infórmase que:

Obxecto: concurso público para alleamento das parcelas que se especifican, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no parque empresarial do Carballiño, na provincia de Ourense.

Termo municipal: O Carballiño.

Destinatarios: poderá concorrer calquera persoa física ou xurídica que realice actividades mercantís, comprendidas as comerciais, industriais, servicios, etc.

Prego de bases: o prego de bases que rexerá o concurso poderá examinarse en Xestur-Ourense, rúa Curros Enríquez número 1, planta 8ª en Ourense, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as ofertas presentaranse en man e en sobre pechado, coa documentación esixida no prego de bases, nas oficinas de Xestur-Ourense, rúa Curros Enríquez número 1, planta 8ª en Ourense, en días hábiles excepto sábados, de 10 a 14 horas. O prazo de presentación de proposicións será de 15 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas realizarase ás 12 horas do día seguinte hábil ó de finalización de presentación de proposicións.

Prezo: os prezos que establecen no anexo teñen o carácter de prezos mínimos, de maneira que non se adxudicará ningunha parcela por un prezo inferior.

O prezo de alleamento realizarase en concepto de corpo certo polo que non caberá reclamación ningunha pola diferencia de superficie.

Ourense, 4 de abril de 2003.

Juan Carlos Cabanelas Rodríguez

Xerente de Xestur-Ourense, S.A.

ANEXO

parcela

Superfie

m

Euros

m

ImporteIVETotal

11.71527,04554046.383,107.421,3053.804,40

51.02027,04554027.586,454.413,8332.000,28

91.00027,04554027.045,544.327,2931.372,83

111.40839,06578055.004,628.800,7463.805,36

121.00030,05060030.050,604.808,1034.858,70

131.00030,05060030.050,604.808,1034.858,70

151.00030,05060030.050,604.808,1034.858,70

161.00030,05060030.050,604.808,1034.858,70

171.00030,05060030.050,604.808,1034.858,70

181.10430,05060033.175,865.308,1438.484

191.22030,05060036.661,735.865,8842.527,61

203.21033,055660106.108,6716.977,39123.086,06

216.87433,055660227.224,6136.355,94263.580,54

234.32033,055660142.800,4522.848,07165.648,52

244.42933,055660146.403,5223.424,56169.828,08

253.40042,070840143.040,8622.886,54165.927,39

2620.84127,045540563.656,1090.184,98653.841,08

10ª4.60039,065780179.702,5928.752,41208.455