En virtude do convenio do 31 de marzo de 2003 entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e a sociedade Xestión Urbanística de Ourense, S.A. (Xestur-Ourense), para a xestión do alleamento de parcelas propiedade do dito organismo no polígono de actuación nº 1 do parque empresarial de Ribadavia, infórmase que:
Obxecto: concurso público para alleamento das parcelas que se especifican, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no parque empresarial de Ribadavia, na provincia de Ourense.
Termo municipal: Ribadavia.
Destinatarios: poderá concorrer calquera persoa física ou xurídica que realice actividades mercantís, comprendidas as comerciais, industriais, servicios, etc.
Prego de bases: o prego de bases que rexerá o concurso poderá examinarse en Xestur-Ourense, rúa Curros Enríquez número 1, planta 8ª en Ourense, durante o prazo de presentación de proposicións.
Presentación de proposicións: as ofertas presentaranse en man en en sobre pechado, coa documentación esixida no prego de bases, nas oficinas de Xestur-Ourense, rúa Curros Enríquez número 1, planta 8ª en Ourense, en días hábiles excepto sábados, de 10 a 14 horas. O prazo de presentación de proposicións será de 15 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.
Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas realizarase ás 12 horas do día seguinte hábil ó de finalización de presentación de proposicións.
Prezo: os prezos que establecen no anexo teñen o carácter de prezos mínimos, de maneira que non se adxudicará ningunha parcela por un prezo inferior.
O prezo de alleamento realizarase en concepto de corpo certo polo que non caberá reclamación ningunha pola diferencia de superficie.
Ourense, 4 de abril de 2003.
Juan Carlos Cabanelas Rodríguez
Xerente de Xestur-Ourense, S.A.
ANEXO
parcela m m
Nº
Superfie
Euros
Importe IVE Total
1 1.091,88 57,77 63.077,91 10.092,47 73.170,38
2 900,01 57,77 51.993,58 8.318,97 60.312,55
3 900,01 57,77 51.993,58 8.318,97 60.312,55
4 900,01 57,77 51.993,58 8.318,97 60.312,55
5 900,01 57,77 51.993,58 8.318,97 60.312,55
6 1.100,19 57,77 63.557,98 10.169,28 73.727,26
7 900 57,77 51.993 8.318,88 60.311,88
8 900 57,77 51.993 8.318,88 60.311,88
9 640,89 57,77 37.024,22 5.923,88 42.948,10
10 650,98 54 35.152,92 5.624,47 40.777,39
11 617,89 54 33.366,06 5.338,57 38.704,63
12 584,42 54 31.558,68 5.049,39 36.608,07
13 749,02 54 40.447,08 6.471,53 46.918,61
14 1.343,44 54 72.545,76 11.607,32 84.153,08
15 718,42 54 38.794,68 6.207,15 45.001,83
16 735,42 54 39.712,68 6.354,03 46.066,71
17 751,74 54 40.593,96 6.495,03 47.088,99
18 674,27 57,77 38.952,58 6.232,41 45.184,99
19 774,76 57,77 44.757,89 7.161,26 51.919,15
20 2.176,16 57,77 125.716,76 20.114,68 145.831,44
D.O. 1.534,41 57,77 88.642,87 14.182,86 102.825,73
D.C. 3.236,11 57,77 186.950,07 29.912,01 216.862,08