Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación dos servicios de desenvolvemento de novos módulos do Sistema de Xestión Económico-Financeira do Instituto Galego de Promoción Económica (SXEF) e o mantemento do dito sistema.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de novos módulos do Sistema de Xestión Económico-Financeira do Igape (SXEF) e o mantemento do dito sistema.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P.6/03.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de desenvolvemento de novos módulos do Sistema de Xestión Económico-Financeira (SXEF) e mantemento do sistema. Nomenclatura CNPA: 72.2.

b) Prazo de vixencia: o contrato estará vixente ata esgota-lo prezo máximo total do contrato e por prazo máximo dun ano desde a súa sinatura.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 120.000 A IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2.400 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: Complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: contar con suficiente solvencia económica e experiencia para a execución do contrato, o que se acreditará coa documentación especificada na letra C da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir este en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

En sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail, conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que deber ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: no Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público, o décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das proposicións técnicas e económicas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: 1.300 A máximo, que serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obte-los pregos: www.xunta.es/contratacion

En Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica