Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2003, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, do expediente C.P. 1/2003 do servicio de vixilancia e seguridade neste hospital.

1. Entidade adxudicadora: Hospital da Costa, r/ Rafael Vior, s/n, 27880 Burela (Lugo)

2. Obxecto do contrato: servicio de vixilancia e seguridade.

3. Orzamento e prezo: orzamento total: 138.000 euros, repartidos nas seguintes anualidades:

Ano 2003: 69.000 euros.

Ano 2004: 69.000 euros.

4. Prazo de execución: 1 ano desde a sinatura do contrato con posibilidade de prórroga.

5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono: 982 58 99 56 e fax: 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

6. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

7. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

8. Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

9. Criterios de adxudicación: (ver prego de cláusulas administrativas particulares).

10. Fianzas: (ver prego de cláusulas administrativas particulares).

11. Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría A.

12. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

13. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa, ás 13 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. En caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

14. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 19 de marzo de 2003.

Pablo Mosquera Mata

Director xerente do Hospital da Costa de Burela