Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo 2003 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación ordinaria para a contratación dos servicios de impresión, mailing e compra de espacio en medios para a difusión do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Instituto Galego de Promoción Económica (C.P. 4/2003).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de servicios de impresión, mailing e compra de espacio en medios para a difusión do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 4/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios de impresión, mailing e contratación de espacio en medios de acordo coas especificacións contidas nos pregos de prescricións técnicas e co seguinte desagregamento:

Lote 1: impresión de material promocional formado por folletos e paneis.

Lote 2: servicio de mailing para documentación promocional do Igape, con cobertura para toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Lote 3: compra de espacio en medios para a difusión do marco regulador de axudas, actividades e servicios do Igape.

Os lotes anteriores poderán adxudicarse xuntos ou por separado a un ou máis licitantes, de modo que se poderán presentar ofertas que non abarquen a totalidade destes. O Igape resérvase o dereito de declarar total ou parcialmente deserto o concurso.

Nomenclatura CNPA: lote 1: 22.1. Lote 2: 64.1. Lote 3: 22.12.

Nomenclatura CPV: lote 1: 2000000-0. Lote 2: 64000000-6. Lote 3: 22200000-2.

b) Prazo de vixencia: 1 ano prorrogable por acordo expreso das partes por outro ano máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 1.081.500 A, IVE incluído, dos que 540.750 A corresponden ó ano de vixencia inicial da contratación e outros 540.750 A ó ano de posible prórroga de contrato, co seguinte desagregamento por lote e anualidade:

Lote 1: 30.000 A, IVE incluído por anualidade. Lote 2: 30.000 A, IVE incluído por anualidade. Lote 3: 480.750 A, IVE incluído por anualidade:

5. Garantía provisional: 2% do orzamento bianual de cada un dos lotes ós que se presenten ofertas, correspondendo ós seguintes importes para cada lote.

Lote 1: 1.200 A.

Lote 2: 1.200 A.

Lote 3: 19.230 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: no caso de presentar oferta ó lote 3 (unicamente ou con outro/s lote/s: requírese clasificación no grupo T, subgrupo 1, categoría C, equivalente ó grupo III, subgrupo 3, categoría C da Orde do 24 de novembro de 1982.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional:

No caso de presentar oferta para os lotes 1 e/ou 2 unicamente:

Contar con suficiente solvencia económica e medios para a execución do contrato. Os medios acreditativos da solvencia especifícanse no punto C da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

No caso de presentar oferta para o lote 3: non procede, por esixirse clasificación.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do 14 de maio de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

En sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1º Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2º Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme o previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que deber ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: no Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: en acto público o 27 de maio de 2003.

e) Hora: 11.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: 3.000 A máximo. Serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Secretaria xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica