Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de marzo de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións de contratos emitidas por falta de pagamento e lanzamentos das vivendas ós debedores que se relacionan (expediente C-1-IV/78, conta 8).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó amparo do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1968, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado polo nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan as resolucións dos contratos por falta de pagamento,

con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, un funcionario nomeado para o efecto procederá ó lanzamento da vivenda e co auxilio das Forzas de Seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselles ós interesados que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, coa recarga do 10%, así como as cotas da comunidade que tiveran pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

A resolución firme do contrato implicará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 24 de marzo de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Amador Trillo Morado e herdeiros.

Expte. C-1-IV/78 (F.P. 110/02).

Conta: 8.

R/ Enrique Granados, bloque 41, P-2, 1º esq., Polígono de Caranza (Ferrol).

Importe débeda: 1.236,60 euros.