Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de marzo de 2003, da Área Provincial da Coruña, de notificación de requirimentos de pagamento ós debedores que se relacionan (expediente C-2-IV/75 conta 33 e dous máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co establecido no artigo 30.1º do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no punto primeiro do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados cos datos e último domicilio (identificado por nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan os requirimentos de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden ás cantidades que se sinalan, facéndolles constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lles serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas dimanantes dos contratos subscritos por vostedes coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 142 do regulamento en relación co artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, concédeselles un prazo de dez días hábiles para que se poñan ó día das súas obrigas, ou comparezan na delegación provincial, en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e as xustificacións que consideren convenientes ó seu dereito.

En caso contrario procederase á resolución dos seus contratos e iniciación dos oportunos expedientes de desafiuzamento, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario. Expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 24 de marzo de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Mª Antonia Alvite Patiño e herdeiros.

Expte. C-2-IV/75 (desafiuzamento F.P. 7/03).

Conta 33.

Avda. de Castelao, nº 9-1º A, Polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 18.125,92 euros.

-Herdeiros de Mercedes Domínguez Mosquera.

Expte. C-30-CD/70 (desafiuzamento F.P. 19/03).

Conta 11.

R/ Otero Pedrayo, P-2, baixo B, Polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 920,02 euros.

-Herdeiros de Manuel Cobelo Martínez e Pilar Roquer Rodríguez.

Expte. C-109-CD/67 (desafiuzamento F.P. 9/03).

Conta 231.

R/ Lepanto, bloque 33, P-10, 8º dta., Ferrol.

Importe débeda: 113,59 euros.