Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 5.004

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 827/2002 e 15/2003.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoo de que, no prazo dun (1) mes contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, advertíndolle que, de non ser interposto en tempo e forma, disporá dun (1) mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderá solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23-11-2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: 827/2002.

Acta nº: 1581/2002.

Titular: Rosa Sandiz Comunicaciones, S.L.

NIF/DNI: B-15704570.

Enderezo: avda. Monelos, 121-1º dta. A Coruña.

Materia: traballo.

Data resolución: 27-2-2003.

Sanción por importe de 300,52 A.

Feitos: con data 5-7-2002 requiriuse a empresa da referencia para que achegase determinada documentación ante a Inspección de Traballo. Chegado o día indicado, comparecen o representante da empresa, pero non presentou ningunha documentación, o que impediu, perturbou e retrasou o exercicio das funcións dos subinspectores de emprego e seguridade Social.

Vulnérase o artigo 50.2º do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 50.2º e 39.1º, respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto.

Expediente: 15/2003.

Acta nº: 1307/2002.

Titular: Construcciones Brigantina, S.L.

NIF/DNI: B-15066137.

Enderezo: Travesía Cervantes, 5. Betanzos.

Materia: seguridade e hixiene.

Data resolución: 14-2-2003.

Resolución: sanción por importe de 3.005,06 A.

Feitos: visitouse a obra de construcción sita en r/ Amor Ruibal (pol. 1-Sup. 3) Pontepedriña. Santiago de Compostela, e practicáronse diversas actuacións posteriores co obxecto de investiga-lo accidente sufrido por José Rivadulla. Este tivo lugar cando o accidentado se atopaba a uns 7,80 metros de altura e a varanda de protección cedeu, provocando a caída do traballador. A infracción consiste en que o empresario non garantizou a seguridade e saúde dos traballadores adoptando as medidas necesarias para a súa protección, instalando medios de protección colectiva resistentes e verificando a estabilidade, solidez e bo estado deles.

Vulnéranse os artigos 14.2º, 15.1º da Lei 31/1995; artigos 11.1º b) e 2º, anexo IV parte C.3 a) e c) do R.D. 1627/1997 e artigo 187 da O.M. do 28-8-1970.

Tipificación: falta grave en grao mínimo, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 12.16º f) e 39.1º e 3º, e 40.2º b) respectivamente, do R.D.L. 5/2000, do 4 de agosto, tendo en conta a perigosidade da actividade desenvolvida e a gravidade dos danos producidos ó traballador.

A Coruña, 17 de marzo de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña