Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 4.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización, a declaración de utilidade pública, en concreto, aprobación do proxecto de execución e o estudio de impacto ambiental da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/495-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia,

Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, aprobación do proxecto de execución e estudio de impacto ambiental da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Enderezo social: avda. Cruceiro da Coruña, 201, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: L.A.T. de sub. P.E. Lamasgalán a sub. P.E. Monte do Carrio.

Situación: concellos de Forcarei, Silleda, Lalín e Vila de Cruces.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 220 kV, con conductor LA-455, sobre apoios metálicos de 19.755 m de lonxitude, con orixe na subestación do Parque Eólico Masgalán e remate na subestación do Parque Eólico Monte do Carrio, discorrendo polos concellos de Forcarei, Silleda, Lalín e Vila de Cruces.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente á instalación da liña poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra, concellos de Forcarei, Silleda, Lalín e Vila de Cruces, e na delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, podendo presentarse ante esta, na rúa Eduardo Pondal, 64, 36003 Pontevedra, cantas alegacións se consideren, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado este prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, así mesmo por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 31 de marzo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO